Economia e Industria habilita puntos comarcales de asesoramiento especializado para reforzar a defensa dos afectados polas preferentes.
Consumo IGC
Os novos servizos de atención especializada e personalizada de Ponteareas e O Rosal botaron xa a andar e en Cangas e VilagarcÃa farano os vindeiros dÃas.
A Xunta, que desde o primeiro momento está a desenvolver unha completa estratexia de apoio aos afectados pola comercialización de participacións preferentes, está a reforzar a protección dos intereses destes consumidores coa apertura de novos puntos especÃficos de atención directa e especializada. Estes novos servizos botaron a andar xa en Ponteareas e O Rosal, mentres que o de VilagarcÃa de Arousa comezará a funcionar mañá e o de Cangas farao o vindeiro luns.
O ámbito de actuación destas oficinas é comarcal, dando servizo a todos os concellos das súas respectivas zonas, e están situadas naqueles puntos onde se concentran as asociacións e plataformas de afectados, non descartando habilitar novos puntos se asà se considera oportuno.
Con esta acción compleméntase e refórzase o labor de apoio e asesoramento que se está facendo de forma continua e desde o primeiro momento no Instituto Galego de Consumo, con presenza nas sete cidades galegas, en coordinación tamén coas oficinas provinciais e municipais de atención ao consumidor, que conforman unha rede de preto de cen oficinas, asà como coas asociacións de consumidores.
A iniciativa súmase ao constante traballo que está a realizar o Goberno galego para avanzar na solución deste asunto que afecta a miles de galegos, dentro dun plan de acción que a Conselleria de EconomÃa e Industria trasladou xa ao Consello da Xunta no que se inclúen as medidas que xa se levaron a cabo e máis as que porá en marcha para continuar a defender os consumidores.
Desde a ConsellerÃa de EconomÃa, que propón a vÃa extraxudicial da arbitraxe para resolver con maior axilidade os conflitos xurÃdicos derivados deste problema, leváronse a cabo accións para reforzar a formación de especialistas para garantir un o servizo informativo a disposición dos consumidores afectados. Ademais, entre outras medidas, mantivéronse encontros coa FiscalÃa, coas asociacións de consumidores e coas entidades financeiras para avanzar nas solucións deste asunto.
Os consumidores que queiran recibir atención personalizada poden facelo nas oficinas do Instituto Galego de Consumo, nas oficinas municipais e provinciais de información ao consumidor e nos propios concellos onde están ubicados os novos puntos de asesoramento, asà como nas asociacións de consumidores.
Fonte: Instituto Galego de Consumo.
EconomÃa e Industria ofrece sesións ...
A directora xeral de Comercio e pres ...
O Conselleiro de EconomÃa e Industri ...
Shortlink:
Comentarios recientes