Campaña “Dálle Luz á túa factura”

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, presentou hoxe, na sede da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema, a nova campaña do Instituto Galego de Consumo (IGC), Dálle luz á túa factura, unha iniciativa coa que Goberno galego persegue “facer máis compresible a factura da luz” resolvendo as dúbidas do consumidor e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

Neste sentido, Conde, que estivo acompañado pola delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, sinalou que no 2012 o IGC tramitou preto de 3.200 reclamacións no eido da enerxía eléctrica, cifra que alcanza as 3.300 nos once primeiros meses deste ano. Estes datos, explicou, poñen de relevo a necesidade dunha campaña de formación, sensibilización e divulgación entre os consumidores galegos que non só aclara a compresión da factura eléctrica, senón que tamén facilita a contratación do servizo de subministro eléctrico e achega ao cidadán as distintas vías para darlle solución as súas reclamacións.

Para acadar estes obxectivos, a páxina web do IGC “igc.xunta.es” conta desde hoxe cun simulador eléctrico que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta desglosa, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.

No conxunto da campaña, e como subliñou o conselleiro de Economía e Industria, desenvolveranse máis de 600 actuacións que beneficiarán a medio cento de concellos galegos e a 50 entidades que inclúen ás asociacións de consumidores. A todos eles facilitaráselles formación para o seu persoal co obxectivo de que poidan levar a cabo o programa no seu ámbito de actuación. Así mesmo, a través da Escola Galega de Consumo realizaranse obradoiros prácticos para usuarios de asociacións de persoas maiores ou con discapacidade, ao tempo que se incluirá Dálle luz á túa factura na programación anual da rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica da AMTEGA.


También te interesará :

Shortlink:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>