Campaña para resolver as dúbidas dos consumidores ante a nova factura eléctrica

A Xunta activa unha campaña para resolver as dúbidas dos consumidores ante a nova factura eléctrica.

  • -O Instituto Galego de Consumo e o Inega colaboran para achegar á cidadanía o contido do recibo e consellos para aforrar no consumo de electricidade

  • -Explícanse os cambios do novo modelo a través dun folleto informativo que será distribuído entre os cidadáns
  • -Desglósase a asignación dos prezos da enerxía no conxunto do recibo, facilitando ao consumidor a súa comprensión
  • -Apúntanse os distintos tipos de contratación e a nova modalidade de Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC)
  • -A información estará dispoñible tamén nas webs do Instituto Galego de Consumo e do Inega, que contan con simuladores que facilitan ao cidadán a comprensión da factura e o aforro enerxético
  • -Con respecto ao novo modelo adiantado polo Goberno, a Xunta fai unha valoración positiva ao ter sido Galicia a primeiro comunidade que solicitou un modelo tipo uniforme, comprensible e transparente para o consumidor.

A Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña que ten por obxectivo resolver as dúbidas dos consumidores ante o novo escenario e o novo recibo eléctrico. Así o indicou hoxe a xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz Chesa, quen salientou que, deste xeito, o Goberno galego segue a traballar na protección dos dereitos dos consumidores no eido da tarificación eléctrica.

Con este fin, a Consellería de Economía e Industria, a través do IGC e do Instituto Enerxético de Galicia, activa a campaña “As claves da factura eléctrica“, unha iniciativa que persegue facer máis comprensible ao consumidor a nova factura no eido da reforma eléctrica levada a cabo polo Goberno central.

Para isto, tense elaborado un documento informativo que explica de modo breve e sinxelo os cambios que se van producir na factura, como a inclusión da modalidade do Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC) ou a nova TUR, antigo bono social. Ao mesmo tempo, desglósase a asignación dos prezos da enerxía no conxunto do recibo, e achéganse consellos de aforro e eficiencia enerxética.


También te interesará :

Shortlink:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>