A Xunta lembra que os dereitos dos consumidores se manteñen durante as rebaixas
Os consumidores galegos teñen os mesmos dereitos no perÃodo de rebaixas que fóra do mesmo, tal e como se recorda desde o Instituto Galego de Consumo, dependente da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria.
AsÃ, os establecementos deben seguir mantendo as mesmas condicións de venda que durante o resto do ano, e se habitualmente se aceptan nun establecemento cartóns de crédito, tamén teñen que aceptalos en perÃodos de rebaixas. Do mesmo xeito, se se fai un vale de compra durante as rebaixas, ten que ser polo prezo realmente pagado polo produto.
Ademais, os letreiros e etiquetas deben exhibir, de forma ben visible, o prezo anterior e o novo prezo ou, en substitución deste último, a porcentaxe de redución. Non poderán formar parte das rebaixas os artigos deteriorados, adquiridos para esta finalidade ou que non estiveran dispostos no establecemento para a venda cun mes de antelación á data do inicio das rebaixas. Hai que ter en conta que as datas de comezo e de remate de rebaixas elixidas por cada establecemento deberán indicarse en sitio visible ao público.
As autoridades de Consumo da Xunta recordan tamén que nas rebaixas é posible reclamar do mesmo xeito que fóra deste perÃodo, e ante unha posible vulneración dos dereitos dos consumidores é preciso solicitar unha folla de reclamacións e gardar sempre o ticket de compra.
Se os consumidores teñen dúbidas ou precisan presentar unha reclamación teñen ao seu dispor as oficinas do Instituto Galego de Consumo, as Oficinas Municipais de Información ao Consumidor e as distintas organizacións de consumidores e usuarios, ademais de contar co teléfono de información gratuÃta do IGC no 900231123.
Asesoramento a profesionais
A nova normativa estatal establece que os comerciantes poden decidir libremente os perÃodos de rebaixas e a súa duración, para coincidir cos momentos de maior interese comercial segundo o seu propio criterio.
Desde a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, que aposta pola modernización e a dinamización do comercio de proximidade, ofrécese información e asesoramento sobre a normativa vixente aos comerciantes, que teñen ao seu dispór o servizo de asesorÃa en liña do Portal do Comerciante Galego (http://portaldocomerciante.xunta.es).
A Xunta activa unha campaña para res ...
EconomÃa e Industria ofrece sesións ...
A directora xeral de Comercio e pres ...
Shortlink:
Comentarios recientes