A Xunta de Galicia segue a traballar na defensa dos afectados que sufriron unha comercialización incorrecta de preferentes e subordinadas.

Neste sentido, e co obxectivo de facilitar asesoramento directo aos cidadáns, o Instituto Galego de Consumo activou un operativo especial que leva atendidas xa a máis de 12.500 persoas desde a súa posta en marcha.

Así, unha media diaria de 1.300 galegos téñense beneficiado xa do operativo, que suma 40 persoas nas oficinas do IGC das 7 principais cidades galegas. De luns a venres, en horario de mañá e de tarde ?de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas-, na oficina de Pontevedra asesorouse a máis de 2.300 persoas, mentres que na de Vigo foron preto de 1.900. Do mesmo xeito, máis de 1.500 persoas foron atendidas no IGC na Coruña e case 1.900 en Santiago, mentres que en Ferrol, se asesorou a 790 persoas. Na sede do IG en Ourense ofreceuse asesoramento a 2.200 afectados e e na de Lugo a máis de 1.700.

O operativo achega información sobre as posibilidades da vía xudicial, e facilita a resolución de dúbidas sobre os procesos de canxe e liquidez, compatibles coa propia vía xudicial e a da arbitraxe. Ademais, está a permitir axilizar os trámites relativos a esta vía, pola que segue apostando o Goberno galego para aqueles afectados que sufriron unha mala comercialización.

A Xunta defende esta opción como a mellor forma posible para que o 100% dos aforradores recuperen o 100% dos seus cartos. Por este motivo, considera que o banco debe replantexarse a súa postura sobre as aceptacións de arbitraxe, admitindo aqueles casos que conten con entidade de razón. Así mesmo, e nos supostos nos que non sexa posible, a alternativa plantexada é a da vía xudicial.

Ata o momento, a través da arbitraxe, o Goberno galego conseguiu que 2 de cada 3 afectados que acudiron a esta vía recuperasen o estean a piques de recuperar o 100% dos seus aforros.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí