O Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, e a Fundación Preescolar na Casa reforzarán a colaboración que manteñen para fomentar o consumo responsable desde a infancia.

  • Consumo Responsable desde a infancia

    O Instituto Galego de Consumo desenvolverá durante todo o ano accións de formación e información coa Fundación, que presta servizo de forma directa a preto de 3.000 familias de toda Galicia

  • A Escola Galega de Consumo, que atendeu o ano pasado a máis de 10.000 usuarios, achega así a súa actividade ao medio rural, ámbito principal de actuación da Fundación.
  • A través do programa da TVG Preescolar na Casa e dos distintos medios nos que ten presenza a Fundación difundiranse os dereitos dos consumidores, así como consellos sobre a seguridade dos produtos.

Será grazas a un acordo que asinaron a directora xeral de Comercio e presidenta do IGC, Nava Castro, e maila presidenta da Fundación, María Soledad Fernández Rocha, que contempla a posta en marcha de distintas accións formativas e de información ao longo de todo o ano.

Esta iniciativa permite achegar a actividade da Escola Galega de Consumo, que atendeu o ano pasado a máis de 10.000 usuarios no ámbito formativo e divulgativo, ás persoas e familias do medio rural, ámbito principal de actuación desta Fundación que desenvolve un programa de formación para pais e nais que atende de forma directa a preto de 3.000 familias en toda Galicia.

Entre as actuacións a realizar inclúense programas de formación en materia de consumo dirixidos tanto aos profesionais que traballan na Fundación como ás propias familias, así como a elaboración de material divulgativo. Ademais, o acordo servirá para afondar na difusión dos dereitos dos consumidores e consellos sobre a seguridade dos produtos a través do programa da Televisión de Galicia Preescolar na Casa e dos distintos espazos radiofónicos e medios de comunicación nos que ten presenza a Fundación.

A Consellería de Economía e Industria dá así un novo paso na formación da cidadanía en materia de consumo, que ten un tratamento destacado na nova Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias como ferramenta para elevar o nivel de coñecemento e protección dos seus dereitos. Neste sentido, a nova lei recentemente aprobada no Parlamento contempla a creación dunha rede de centros de Educación para o consumo responsable, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, ademais de crear a Mesa para o Fomento do Consumo Responsable, da que formarán parte as entidades locais e as organizacións de consumidores.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here